Torta de chocoqueixo / Chococheese Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de chocoqueixo

image

Queredes agasallar aos vosos invitados cun postre rico, rápido e, sobre todo, moi sinxelo? Pois esta é a receita perfecta! Unha torta de chocoqueixo que fará as delicias de todos. Con ingredientes doados de atopar, un proceso ben sinxelo, e un excelente resultado, de seguro que se convertirá nunha torta desas de facer, e repetir! 🙂 Imos aló!

Seguir lendo

Advertisements

Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de 1906 Red Vintage

image

Sí, certamente a torta de Guinness estaba ben boa, pero que me dicides desta versión galega? Moito mellor, non si? O certo é que non sabía moi ben como sería o resultado, pero mimá! Xa vos adianto que está boísima! Así que se tiñades pensado facer unha torta de Guinness, recoméndovos que lle botedes un ollo a esta porque está de vicio! 😉 E xa que está feita con cervexa galega, poderíamola establecer como torta típica do día de Galicia, non si? 🙂 Seguir lendo

Torta de Guinness / Guinness Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Feliz día nacional da torta a todos!!!

image

Vale, en realidade é o día nacional da torta nos Estados Unidos, pero que mellor que coller as boas costumes, non? 😉

E para celebralo, propóñovos esta receita de torta de cervexa Guinness, que está para lamber os dedos!

Seguir lendo

Torta de amoras / Blackberry pie

Torta de amoras

IMG_1503

Que gusto dá poder ir polo campo cunha pequeña bolsiña apañando amoras, non si? É algo que sempre me apaixoou de pequena, e o certo é que tiña (e teño) certa predilección por apañalas nun lugar especial, en Corbillón (Cambados). Dende que cada verán, visitabamos uns amigos neste lugar, a miña actividade favorita era ir coller amoras despois de comer. E este ano, non foi menos. Seguir lendo

Torta de queixo con Filipinos / Filipinos cheesecake

Cheesecake kukinhas

Seica hoxe é o día da Torta de queixo, non si? Non é mal día entón. Pois aí vai unha receita! Lixeira, moi doada e mmmm, deliciosa! Sabíades que a primeira Torta de queixo data da época dos gregos? E a torta máis grande do mundo, incluída no record Guinness, foi feita en México. Ándale!

Agora que xa aprendemos algo sobre as Tortas de queixo, toca poñerse coas mans na masa! Alá imos! Seguir lendo