Torta de chocoqueixo / Chococheese Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de chocoqueixo

image

Queredes agasallar aos vosos invitados cun postre rico, rápido e, sobre todo, moi sinxelo? Pois esta é a receita perfecta! Unha torta de chocoqueixo que fará as delicias de todos. Con ingredientes doados de atopar, un proceso ben sinxelo, e un excelente resultado, de seguro que se convertirá nunha torta desas de facer, e repetir! 🙂 Imos aló!

Seguir lendo

Monstros tolos / Crazy monsters

Monstros tolos

image

Aquí ven a última receita de Samaín! Uns monstriños toleiráns, virollos e con caras raras, que seguro que os máis pequechos devecerán por eles! Son sinxelos de facer, quedan moi chulos e son ben sabedeiros! Imos aló! Seguir lendo

Piruletas de sabores / Pie pops

Piruletas de sabores

IMG_1543

O día que fixen a torta de amoras, sobroume unha pouca pasta brisa, así que tocoume discurrir que podía facer con ela! E así chegou esta idea!

Son moi sinxelas e rápidas de facer, e ademáis é unha receita ideal para facer con nenos. Encantaralles andar co cortapastas e untar chocolate na masa cos seus dediños, para despois, evidentemente, relamelos! 😛 E non vos digo nada cando toque comelas… desaparecerán nun plis!

Imos ver como se fan!

Seguir lendo

Torta de chocolate de Alicia / Alice’s Chocolate tart

Torta de chocolate


‘The Queen of Hearts
She made some tarts,
All on a summer day:
The Knave of Hearts,
he stole the tarts,
And took them quite away!’

IMG_1438

Amantes e adictos ao chocolate, estades preparados? Hoxe tráiovos unha receita especial para vos, así que se é o teu caso, non dubides en facer esta torta! O ‘Knave of Hearts’ non se puido resistir e roubounas, e vos? Ademáis, leva un ingrediente sorpresa para que quede super esponxosa! Seguir lendo

Galletas da Paz Mundial / World Peace Cookies

Galletas da Paz Mundial

image

Con este nome…quen pode resistirse? Esta receita de galletas de chocolate, cun lixeiro sabor a brownie é unha receita de Pierre Hermé, que aparece nun libro de Dorie Greenspan. En principio, chamábanse galletas Korova, pero o seu sabor fixo que alguén moi agudo afirmara que se todo o mundo puidera gozar dunha ración delas ao día, conseguiríase precisamente iso, a paz mundial. E non imos ser nós menos para contribuír a esta causa, non? 😉 Seguir lendo