Boliñas de xamón / Ham croquettes

Boliñas de xamón

image

Levaba xa uns días con gana de facer croquetas…ou máis ben, de comer croquetas! 😉 Así que aproveitando que iamos preparar unha bechamel para unha lasaña, preparamos outra para estas deliciosas boliñas de xamón. E despois de tanto doce, xa tocaba algo salgado. Seguir lendo

Falafel ao curry caseiro / Home-made Curry Falafel

Falafel ao curry

image

Despois dun primeiro intento un tanto fallido, comecei unha busca intensiva de receitas de falafel para poder discurrir unha que fose sinxela, saborosa e efectiva. E durante esa investigación, decateime do fallo inicial da miña receita, que era, nada máis e nada menos, que cocer os garavanzos. Como? Que non se cocen os garavanzos? Sí, iso mesmo pensei eu. Pero o certo é que na receita orixinal os garavanzos non se cocen, só se poñen a remollo. E funciona, si,si, e tanto que funciona! Imos aló!

Seguir lendo

Plumas con prebe de queixo azul e noces / Penne pasta with blue cheese sauce and walnuts

Plumas con prebe de queixo azul e noces

image

Botando un ollo hai uns días pola tenda de comida de Ikea, déronnos na vista uns queixos (como non) que tiñan moi boa pinta, así que, como supoñedes, acabaron na casa! Un deles é un queixo azul ecolóxico con moi boa pinta, e mellor sabor. E aí veu a idea de usalo para facer esta receita. Asi que… Imos aló! Seguir lendo