Favourite Biscuit Recipes – Libro de receitas

image

Favourite Biscuit Recipes

Nunha das miñas excursións por Escocia, recordo que unha amiga e máis eu decidimos mercar como recordo un libriño pequecho de receitas. Teño que admitir que nin recordo onde o merquei, pero sí recordo que cada unha de nós colleu un libriño dunha especialidade diferente. Este que escollín eu era de receitas de biscuits (que xa vai sendo hora de explicar algunha receita de cookies cando o blogue se chama kukinhas, non?) Pero antes de nada quería ensinarvos o libro. Seguir lendo

Advertisements

Maw Broon’s Cookbook. Libro de receitas

IMG_5765

E por aquí andamos de novo! E esta vez para presentarvos o libro de cociña máis orixinal e especial da miña colección, e non só porque chegara ás miñas mans de alguén moi especial e que coñece ben a miña paixón polos libros, senón porque este libro vai máis alá dun simple libro de receitas, converténdose nun libro para desfrutar, mirar, e ler sen parar, porque nunca acabaredes de atopar pequenos detalles nos que non repararades antes. Seguir lendo