Subscrición

Un aviso rapidiño a todos aqueles que estades subscritos ao blogue! Agora xa hai un botonciño para que vos subscribades á páxina web! Só tedes que poñer o correo electrónico no recadriño de “subscribe”, confirmar a subscrición e listo! Moi sinxeliño, coma sempre!

Vémonos!

A quick note to those who have subscribed to the blog, now you can do the same in the webpage! You just need to write your e-mail in the subscribe box, confirm it, and that’s it! Very easy, as usual!

See ya!

Advertisements

Novidades!!! / News!!!

Scrat_-_Ice_age

Un pequeno artigo para contarvos que agora kukinhas.wordpress.com pasará a ser kukinhas.com! Polo que para ver as receitas, teredes que entrar nesta páxina web! 🙂

Ademáis, estreamos un apartado novo, chamado Hall of Fame. Alí, irei poñendo as fotos das receitas de kukinhas que me enviades! Así que se aínda non enviastes a vosa, a que estades agardando? 😉

Moitas graciñas a Alba Buceta, non só facer a Torta de 1906 Red Vintage e ser a primeira en mandarme unha foto, senón por tela na Cafetería H2O, en Padrón! 🙂 Se algunha vez pasades por Padrón, non dubidedes en facer unha paradiña nesta cafetería, e preguntar a ver se anda a Torta de 1906 por aí!

Vémonos en kukinhas.com!

_____________________________________________________________________

A little post to tell you some great news! kukinhas.wordpress.com will now be kukinhas.com! So, to see the next new recipes, visit this webpage!

And not only this! There’s a new section: Hall of Fame. I will be pinning the recipe pictures you send me! So, if you haven’t sent any, what are you waiting for?

See you at kukinhas.com!

Torta de chocoqueixo / Chococheese Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de chocoqueixo

image

Queredes agasallar aos vosos invitados cun postre rico, rápido e, sobre todo, moi sinxelo? Pois esta é a receita perfecta! Unha torta de chocoqueixo que fará as delicias de todos. Con ingredientes doados de atopar, un proceso ben sinxelo, e un excelente resultado, de seguro que se convertirá nunha torta desas de facer, e repetir! 🙂 Imos aló!

Seguir lendo

Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de 1906 Red Vintage

image

Sí, certamente a torta de Guinness estaba ben boa, pero que me dicides desta versión galega? Moito mellor, non si? O certo é que non sabía moi ben como sería o resultado, pero mimá! Xa vos adianto que está boísima! Así que se tiñades pensado facer unha torta de Guinness, recoméndovos que lle botedes un ollo a esta porque está de vicio! 😉 E xa que está feita con cervexa galega, poderíamola establecer como torta típica do día de Galicia, non si? 🙂 Seguir lendo