Torta de chocoqueixo / Chococheese Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de chocoqueixo

image

Queredes agasallar aos vosos invitados cun postre rico, rápido e, sobre todo, moi sinxelo? Pois esta é a receita perfecta! Unha torta de chocoqueixo que fará as delicias de todos. Con ingredientes doados de atopar, un proceso ben sinxelo, e un excelente resultado, de seguro que se convertirá nunha torta desas de facer, e repetir! 🙂 Imos aló!

Ingredientes:

image

*Na foto, esquecinme de poñer os 2 ovos! Sorry!

– 140 gramos de manteiga
– 125 gramos de chocolate negro (sobre un 40% de cacao)
– 130 gramos de azucre
– 100 ml de auga moi quente
– 140 gramos de fariña
– 16 gramos de fermento (1 sobriño)
– 40 gramos de colacao (podedes usar cacao)
– 2 ovos
– 150 gramos de queixo crema
– 40 gramos de azucre

Utensilios: un bol, unha cunca e unha pota para facer o baño maría, un batedor e un molde de apertura lateral.
Tempo de preparación: uns 15 minutos
Tempo no forno: sobre 40 minutos

Preparación paso a paso:

Para preparar esta torta, o mellor é ter tódolos ingredientes pesados xa antes de comezar a elaboración. Así acabaredes moito máis axiña!

1. Poñemos ao baño maría o chocolate e maila manteiga ata que estean ámbolos ingredientes ben derretidos e integrados.

image

image

2. Mentres, podemos ir batendo o queixo crema e os 40 gramos de azucre ata que quede ben mesturado e cremoso.

image

3. Cando o chocolate e a manteiga estean listos, sacámolo do lume e engadimos o resto dos ingredientes: o azucre, a fariña, o fermento, o colacao, e os ovos.

image

image

image

4. Agora só nos queda engraxar o molde e verter a mestura de chocolate.

image

5. Cunha culler, imos engadindo culleradas de queixo crema por riba. E cun coitelo, dibuxaremos círculos na masa para que se vaian integrando e nos quede un debuxo bonito!

image

6. Metemos o molde no forno durante uns 40 minutos a 180ºC, ou ata que un escarvadentes cravado no medio da torta saia limpo.

7. Deixarémolo arrefriar antes de sacalo do molde, e listo! Xa temos a nosa torta de chocoqueixo preparada! 😛

image

Así que xa vedes o sinxeliña que é e a pinta que ten! Alguén se anima? 😀

Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no blogue!

_________________________________________________________________________

Chococheese Cake

image

Are you thinking about preparing some easy, quick, special and delicious dessert for your Christmas guests? If it’s so, this is what you’re looking for! It is really easy to prepare, the ingredients are very easy to find and the result is amazing! Are you ready? Let’s go! 😉

Ingredients:

image

*I forgot the eggs in the picture! Sorry!

– 140 gr butter
– 125 gr dark chocolate (around 40% cocoa)
– 130 gr sugar
– 100 ml very hot water
– 140 gr flour
– 16 gr baking powder
– 40 gr colacao (cocoa)
– 2 eggs
– 150 gr cream cheese
– 40 gr sugar

Utensils: a bowl, a cup, a pan, a whisk and a spring form tin.
Preparation time: c. 15 minutes
Baking time: around 40 minutes

Step by step preparation:

The best way to prepare this cake is to weight all the ingredients before getting into the preparation part.

1. Melt the chocolate and the butter in a cup inside a pan with boiling water.

image

image

2. Meanwhile, mix the cream cheese and the sugar until well integrated and creamy.

image

3. When the butter and the chocolate are ready, remove from heat and add the rest of the ingredients: sugar, hot water, flour, baking powder, cocoa and eggs.

image

image

image

4. Grease the mould and pour the chocolate mixture.

image

5. With a tablespoon, add the cream cheese mixture over the chocolate batter and then, swirl it with a knife.

image

6. Bake it for about 40 minutes at 180ºC / 350ºF or until a toothpick inserted in the middle of the cake comes out clean.

7. Let it cool before taking out of the tin, and that’s it! Here we have this delicious chococheese cake! 😛

image

As you could see, this is super easy, are you up for it? 😀

If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the blog!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s