Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake

Máis recetas en: kukinhas.com / More recipes at kukinhas.com

Torta de 1906 Red Vintage

image

Sí, certamente a torta de Guinness estaba ben boa, pero que me dicides desta versión galega? Moito mellor, non si? O certo é que non sabía moi ben como sería o resultado, pero mimá! Xa vos adianto que está boísima! Así que se tiñades pensado facer unha torta de Guinness, recoméndovos que lle botedes un ollo a esta porque está de vicio! 😉 E xa que está feita con cervexa galega, poderíamola establecer como torta típica do día de Galicia, non si? 🙂

Ingredientes:

image

– 250 ml de cervexa 1906 Red Vintage
– 250 gramos de manteiga sen sal
– 400 gramos de azucre
– 2 ovos grandes
– 2 culleradas de esencia de vainilla
– 140 ml de leite amargo* (*limón)
– 360 gramos de fariña
– 2 culleradiñas de bicarbonato
– 1/2 culleradiña de fermento en po

*O leite amargo podédelo facer engadindo 1 cullerada de zume de limón ao leite, e deixando repousar a mestura uns 5 minutos.

Ingredientes para a crema de queixo:

image

– 50 gramos de manteiga sen sal, a temperatura ambiente
– 300 gramos de azucre en po
– 125 gramos de queixo crema
– cacao en po (para decorar, opcional)

Utensilios: un cazo, dous bols, un batedor e un molde de apertura lateral forrado con papel de aluminio ou vexetal untado con manteiga.
Tempo de preparación: uns 30 minutos
Tempo no forno: sobre 45 minutos

Preparación paso a paso:

1. Nun cazo, botamos a cervexa 1906 Red Vintage e maila manteiga, e poñémola ao lume ata que a manteiga se derreta e ámbolos dous ingredientes queden perfectamente integrados.

image

2. Deixámola arrefriar un pouquiño. Mentres, batemos os dous ovos, o leite amargo e mais unha cullerada de vainilla.

image

3. Cando a cervexa e a manteiga xa estean máis tépedas, engadimos o azucre e maila outra cullerada de esencia de vainilla. Mesturamos todo ben.

image

image

image

4. Xuntamos ámbalas dúas mesturas.

image

5. Noutro bol, botamos a fariña, o fermento e o bicarbonato. E engadímoslle a mestura de cervexa. Batemos de novo.

image

image

6. Vertemos a masa no molde e deixarémola no forno durante uns 45 minutos a 170 graos, ou ata que un escarvadentes cravado no centro da torta saia limpo.

image

7. Deixámolo arrefriar. É importante que antes de decorar a torta coa crema de queixo, esta estea fría.

image

(Kukiconsello: se vedes que a torta non vos quedou totalmente lisiña, podedes darlle a volta e decorala polo revés!)

image

8. Batemos a manteiga a temperatura ambiente. (Recordade que se o ambiente é moi frío, quizá precisedes poñela un chisco no microondas). E iremos engadíndolle o azucre en po pouco a pouco e mesturando ben.

image

9. Engadimos o queixo, e mesturamos de novo ata que quede unha textura cremosa, como unha mousse.

image

10. Decoramos a torta coa axuda dunha paliña ou dun coitelo de untar.

11. Se queredes, podedes engadirlle un chisco de cacao en po. E listo!

image

Importante! Non gardedes a torta no frigo para que non se poña dura a crema de queixo. Aguantará varios días sen problema ningún.

Pois xa vedes que é moi sinxela, así que sacade as vosas 1906 do frigo e preparade esta deliciosa torta! Seguro que repetides!!! 😛

Se tedes algunha dúbida ou comentario, non dubidedes en comentar! Ah! E se alguén de vós a fai e lle saca unha foto, podédesma enviar a kukinhasblogue@gmail.com e colgareina no blogue!

________________________________________________________

1906 Red Vintage Cake

image

Yes, I admit that Guinness Cake was really good, but what about this Galician version? Much better!!! The truth is that I didn’t know how this cake would taste like, but…wow! It’s reeeally tasty, delicious and yummy! So, if you tried the Guinness one, or you were giving it a thought, try this one because you’ll absolutely love it! I give you my word! 😉

Ingredients:

image

– 250 ml 1906 Red Vintage beer
– 250 gr unsalted butter
– 400 gr sugar
– 2 big eggs
– 2 tablespoons vanilla essence
– 140 ml buttermilk* (*lemon)
– 360 gr flour
– 2 teaspoons baking soda
– 1/2 teaspoon baking powder

*You can do buttermilk by adding one tablespoon of lemon to the milk.

Ingredients for the cheese buttercream:

image

– 50 gr unsalted butter, at room temperature
– 300 gr powdered sugar
– 125 gr cream cheese
– cocoa powder to decorate (optional)

Utensils: a pan, two bowls, a whisk and a spring form tin with tin foil and butter.
Preparation time: around 30 minutes
Baking time: c. 45 minutes

Step by step preparation:

1. In a pan, add the 1906 Red Vintage and the butter and heat it until the butter has melted and both ingredients have fully integrated.

image

2. Let it cool for a while. Meanwhile, beat the eggs, one vanilla essence tablespoon and the buttermilk.

image

3. When the beer and butter mixture is not too hot, add the sugar and the other vanilla essence tablespoon and mix well.

image

image

image

4. Put the two mixtures together.

image

5. In another bowl, add the flour, the baking powder and the baking soda. Mix them. Add the previous beer mixture and beat.

image

image

6. Pour the batter into the mould and bake it for 45 minutes at 170°C / 350°F, or until a toothpick inserted in the middle of the cake comes out clean.

image

7. Let it cool before removing it from its mould. It’s important to let the cake cool before decorating it with the cheese buttercream.

image

(Kukitip: if the cake is not flat on top, you can turn it and use it the other way around!)

image

8. Beat the butter at room temperature. And add the powdered sugar bit by bit. Don’t worry if you see the mixture is too dry, it will become smoother when adding the cream cheese.

image

9. Add the cheese, and mix again until creamy.

image

10. Decorate the cake with the cheese buttercream, using a spatula or a butter knife.

11. If you want, you can sprinkle some cocoa powder over it. And that’s it!

image

Important! Don’t keep the cake in the fridge to prevent the cheese buttercream to end up very hard!

So, as you could see, this is absolutely easy and amazingly yummy! 🙂 If you prepare this cake, you won’t be disappointed! 😉

If you have any doubt or comment, please let me know! And if you prepare any of these recipes, and you take a picture, send it to me to kukinhasblogue@gmail.com and I will pin it on the blog!

2 thoughts on “Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake

  1. Como dixo un compañeiro meu, unha das mellores tartas que probei en moitos meses. En outras palabras The Best Cake Ever 🙂
    Moitisimas grazas por todo isto kukinhas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s